martes, 23 de marzo de 2010

APAGA A LUZ ENCENDE O FUTURO!


O sábado, de 20.30 a 21.30 horas, máis de mil millóns de persoas de 6.000 cidades están chamados ao “gran apagón mundial” contra o cambio climático. Todos podemos participar, dende os nenos as institucións e os gobernos. Apagar o interruptor é unha acción, unha mensaxe visual cara os dirixentes
LECER

Kuala Lampur (Malaisia) o ano pasado
FOTO: G.H.
A Hora do Planeta 2010 será a maior chamada á acción organizada xamais. Servirá para demostrar que, actuando xuntos, todos somos parte da solución ó cambio climático, a pesar do insuficiente acordo de Copenhague. A Hora do Planeta de WWF pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e mobilizar a 6.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático.

O día 27 de marzo de 2010, de 20:30 a 21:30, poderemos descobrir o que millóns de persoas poden facer xuntas.

1. Que é a Hora do Planeta?

A Hora do Planeta é unha iniciativa global de WWF onde os individuos, escolas, organizacións, empresas e gobernos apagan as súas luces durante unha hora para votar a favor da acción sobre o cambio climático. Ó votar cos seus interruptores de luz, os participantes da Hora do Planeta envían unha poderosa mensaxe visual ós seus dirixentes esixindo acción inmediata sobre o cambio climático.

A Hora do Planeta é o evento climático máis grande na historia.

2. Cando é a próxima Hora do Planeta?

A Hora do Planeta terá lugar o sábado, 27 de marzo de 2010 ás 20:30, hora local.

3. Que se ten planeado para a Hora do Planeta 2010?

O sábado, 27 de marzo 2010 ás 20:30 centos de millóns de persoas en todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora, simbólicamente, chamando á acción sobre o cambio climático. En España, WWF busca o apoio continuo de concellos, empresas e outras institucións, así como dos millóns de españois que votaron co seu interruptor durante a Hora do Planeta 2009.

4. Que sucedeu durante a Hora do Planeta en 2009?

No 2009 uns mil millóns de persoas de máis de 4.000 cidades en 88 países participaron no evento. En España participaron uns 4 millóns de persoas e 200 cidades, apagando edificios emblemáticos como a catedral de Santiago de Compostela, a Alhambra de Granada, a Cibeles, o museo Guggenheim, a torre Agbar de Barcelona e centos de edificios máis.

O mundo respondeu de forma incrible, apagando a Ponte Brooklyn de Nova York, o Edificio Empire State, a Ponte Golden Gate, as Grandes Pirámides de Giza, a Acrópole e o Partenón en Atenas, a Basílica de San Pedro no Vaticano, o Big Ben e as Casas do Parlamento en Londres, o Palacio dos Elisios e a Torre Eiffel en París, o Niño de Paxaros e o Cubo de Auga en Beijing, a Sinfonía das Luces en Hong Kong, A Casa de Opéraa de Sídney e a estatua de Cristo Redentor en Río de Janeiro.

5. Como podo animar a amigos e familiares a unirse á loita contra o cambio climático?

En www.wwf.es/horadelplaneta atoparanse varias ferramentas que pode usar para invitar os seus amigos e familiares a participar na loita contra o cambio climático.

6. É o evento a Hora do Planeta un simple acto simbólico?

Os símbolos son moi poderosos. Desde o Motín do Té ata as protestas pacíficas dos anos 60, os símbolos puideron acender a faísca do cambio que correu por todo o planeta. Apagar o interruptor para o evento da Hora do Planeta é unha forma en que as persoas se poden implicar e esixir acción dondequiera que estean. É fácil de maneira que todos poden participar sen importar a súa localización, idade ou nivel de ingresos. Un xesto é un símbolo; mil millóns de xestos é unha acción global.

7. Que están facendo os gobernos en canto ó cambio climático?

En decembro, os líderes do mundo reuníronse en Copenhague para crear un acordo internacional que aborda o cambio climático reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro. O resultado foi insuficiente e decepcionante, xa que non se conseguiu chegar a un consenso para producir un novo acordo ambicioso, xusto e vinculante para loitar contra o cambio climático. A actual situación política de tensión crecente entre EE.UU e China, os desencontros entre os países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento e unha economía global aínda en recesión, debuxan o panorama da campaña deste ano.

No 2009 participou unha sexta parte da poboación
Un xesto, un símbolo; mil millóns de xestos, unha acción global polo clima. A idea contra o incremento da temperatura do planeta, superando así as convocatorias anteriores. Este ano, a iniciativa pretende fomentar a participación, ademais dos cidadáns nas súas casas, de concellos, empresas, colexios, universidades, medios de comunicación e outras institucións. ‘A Hora do Planeta’ comezou no ano 2007 en Sydney, onde máis de 2 millóns de fogares apagaron as súas luces unha hora creando así un movemento local pola sustentabilidade. Ó ano seguinte, en 2008, sumáronse a esta campaña 370 cidades de 35 países diferentes convertendo así o evento anterior nun movemento global contra o cambio climático e pola sustentabilidade. Monumentos tan emblemáticos como a ponte do Golden Gate, o Coliseo de Roma, Times Square ou o Hotel Jumeirah de Dubai apagaron as súas luces durante unha hora. En 2009 foron 88 países con máis de 4.000 cidades. En total, máis de 1.000 millóns de persoas participaron na acción, o que equivale a unha sexta parte da poboación mundial.

De Mongolia a Arxentina, do ártico á Antártida
Patrimonio Nacional apagará o vindeiro sábado, 27 de marzo, as luces dos seus edificios máis emblemáticos --Palacios Reais de Madrid, Aranxuez (Madrid), a Granxa de San Ildefonso (Segovia), xunto á Almudaina (Palma de Mallorca) e o Real Sitio de San Lorenzo de Escorial (Madrid). Segundo indicou a organización, en España uníronse a esta proposta ata a data máis de trinta cidades. Así, WWF sinala que esta acción de “apagar a luz e acender o Planeta” celebrarase desde Mongolia a Arxentina, desde o ártico á Antártida, desde as Illas Cook a Rusia e apagaranse monumentos emblemáticos, a porta de Brandemburgo (Berlín), o Museo de Historia Natural de Londres, a torre Eiffel (París), o Museo da Paz de Hiroshima, o Empire State (Nova York) ou o edificio máis alto do mundo, o Burj Khalifa (Dubai).

viernes, 12 de marzo de 2010

PERFORMANCE NA DEFENSA DOS ANIMAIS





--------------------------------------------------------------------------------


O 16 de marzo acto - performance contra á represión que recibiron moit@s activistas na pasada sabotaxe de caza ao raposo de Portomarín. Quedaremos ás 12.00h da mañá fronte á Xunta de Galicia para entregarmos as alegacións presentadas na defensa dos activistas denunciados pola Garda Civil e faremos unha performace alí mesmo. Precisamos xente disposta a disfrazarse de preso de Guántanamo con esposas e xente que suxeite pancartas e carteis.


--------------------------------------------------------------------------------

Galicia@equanimal.org
Tef: 697 781 335

¡Contamos contigo! Graciñas por defenderes aos animais.
--------------------------------------------------------------------------------

gonzalo blanco
informador medioambiental
técnico medioambiental
monitor E.A.