jueves, 24 de septiembre de 2009

Xornada de Limpeza de rios na cidade de Ourense 27 de setembro



Tes unhas botas na casa?
2ª limpeza simultánea dos ríos galegos


Despois do éxito da primeira xornada de limpeza en ríos en 2008, repetimos a experiencia este domingo 27 de setembro. A limpeza desenvolverase en colaboración con concellos e distintas entidades e asociacións. Un dos problemas máis agravantes que sofren os nosos ríos segue a ser a cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Plásticos e entullos son elementos case habituais nos cursos fluviais. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por ser unha actividade dun día. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir.
Así que xa sabes: para este domingo 27, tes unhas botas na casa?
O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademáis de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. O pasado ano retirouse un total de 11.020 toneladas de lixo (estimados) de orixe diverso e incluso variopinto (neveiras, rodas, radiografías, colchóns...) Neste ano animamos aos participantes a pesar o lixo retirado e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un vertedoiro.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.
Podedes consultar, na seguinte táboa, cal é o/a coordinador/a de cada zona



ADEGA-Ourense
Xan Carlos
629 635 945

http://www.adega.info/



ANACO DO PROXECTO INTEGRAL PARA SEIXALBO
por Andrés González Seara


2. OS CAMIÑOS

Estreitamento releacionado co obxectivo anterior está o das vias de comunicación tradicionais: non só hai que valoralas como unha herdanza, senón tamén darlles un setido paráctico: hoxe en día un itenerario de camiños pionís rodeado de gragas a catro quilómetros da cidade é un luxo, primeiro para os veciños, despois para quen queira vir. Para isto proporémonos entre todos: 1) Limpar e manter limpos de maleza todos os camiños, entendendo por maleza, soamente as plantas que impidan o paso, non se deberia deixar nin un só, por pequeno que fose, sen limpar ou sinalizar. Ao mesmo temo que se roza e se van quitando as pedras guindadas no medio do camiño, tamén se sacaría todo o lixo e todos os cascallos. 2) Sería boa cousa deseñar e facer tuas de senderismo polos camiños e recunchos de Seixalbo e teros itinerarios, cos seus camiños ben sinalizados. 3) Os camiños que fosen dar a área recreativa fluviar debería ter un paseo acondicionado, de madeira elevado un chisco do chan para que sexa máis doado camiñar.


5. O BARBAÑA

O río Barbaña foi o lugar de lecer de xeracións enteiras, ademais de prover de peixes os veciños. Pretender o segundo hoxe en día é algo absurdo, pero ó primeiro obxectivo pensamos que non deberiamos renunciar baixo ningún concepto: calquera vila ou lugar que pretenda ser atractivo, sobre todo no verán debe contar cunha zona de recreo natural á beira dun río ou regato. Para comzar hai que acometer a limpeza das augas do Barbaña: é un elemento clave dentro deste proxecto. 1) Abordarase primeiro a revisión das súas ribeiras desde o seu nacemento, documentarse e cursaranse as denuncias precisas. A insistencia diante das instancias pertinentes e a vixianza continuada serán imprescindibles a hora de conseguir este difícil obxectivo. 2) Por outra banda, hai que limpala de "cascallos" lixo e maleza as súas ribeiras, de xeito tamén periódico. 3) En canto ós outros regatos que verten as súas augas ó Barbaña son indispensables para que o cauce manteña, dentro do posible unha regularidade, ademais constituúen en si mesmos un hábitat de fauna e flora que a lei protexe. Polo tanto, cómpre facer un estudo do seu curso para que estes libre de atrancos (tuberias, cascallos, etc) que lles impidan desaugar, xa que moitos pozos, lameiros ou humedais secan ou secaron a causa de pequenas obras que se consideraron inofensivas.



domingo, 20 de septiembre de 2009

pescanova arrasa con touriñan na rede natura -difusión-






Feijóo ao que diga Pescanova A Xunta anunciou, a construción da piscifatoría de Touriñán, en plena Rede Natura e invadindo hábitats de conservación protexidos pola U.E.
gonzalo blanco ADEGA

Campaña boicot a los productos de PESCANOVA
Adega exige la retirada del proyecto de Cabo Touriñán y pide a los consumidores que hagan "boicot" a Pescanova
La Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) propone un "boicot" a los productos del Grupo Pescanova como forma de "protesta pacífica" y "resistencia no violenta" para exigir al Ejecutivo la "retirada" del proyecto de Cabo Touriñán. Asimismo, exige a la Xunta "que cumpla la ley" de 2006 sobre información y participación pública para la elaboración de planes, proyectos y programas en relación con el medio ambiente y convoque, a este respecto, una mesa de diálogo. En un comunicado de prensa, el colectivo reivindicó que el Gobierno gallego se reúna con "los distintos sectores implicados en la problemática", entre los que citó a los vecinos afectados, los ayuntamientos, asociaciones ecologistas y patronal acuícola. Este encuentro debe tener por objetivo "realizar una planificación sectorial participativa y sustentable, con garantías de futuro", subrayó. Así, se refirió a "las últimas decisiones adoptadas" --por el "desbloqueo" de Cabo Touriñán-- para argumentar que "se están dando palos de ciego", en un "fomento de la inseguridad jurídica". Por ello, entendió que "es necesario establecer criterios serios y sustentables para alcanzar el consenso", para lo que aludió a la Declaración de Naciones Unidas sobre el Medio Ambiente. TOURIÑÁN COMO SÍMBOLO
De entre los proyectos acuícolas que "nuca deberían ser considerados", Adega apuntó al de la piscifactoría en Cabo Touriñán, ya que denunció que "350.000 metros cuadrados de cemento y plástico no pueden ser compatibles con la conservación de los hábitats".
En este sentido, vio en la iniciativa de implantar una planta en este lugar de la geografía gallega "la sumisión de la política a los intereses de empresas sin escrúpulos", de las que criticó que "sólo pretenden su lucro a costa de estropear el medio ambiente y generar atraso económico y social".
"¿Cómo es posible tanta ignorancia, soberbia y prepotencia en un responsable público?", se preguntó, en referencia al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo. "Tamaña irresponsabilidad merece una respuesta firme de la ciudadanía", concluyó.------------------------------------------------------------------------------------------------ADEGA esixe que a Xunta de Galiza cumpra a lei e convoque unha mesa de participación pública cos distintos sectores implicados na problemática do Plano Acuícola (administración, veciñanza afectada, concellos, asociacións de protección do ambiente e patronal acuícola) co obxectivo de realizar unha planificación sectorial participativa e sustentábel que teña “garantías de futuro”. As últimas decisións adoptadas polo goberno da Xunta e as sentenzas e recursos xudiciais sobre os planos acuícolas de 2005 e 2007 amosan que esta planificación sectorial está dando “paos de cego”, fomentando a inseguridade xurídica, polo que cómpre establecer criterios serios e sustentábeis para acadar o consenso dos sectores implicados. O caso de de Quilmas (Carnota) Como exemplo da falta de criterios e inxustiza na planificación acuícola hai que citar o exemplo do pobo de Quilmas. O pobo de Quilmas, con 200 habitantes ten unha piscifactoría de rodaballo de 25.000 m² que pretende ampliarse a 250.000 m², ocupando as terras de cultivo e pechando o acceso de Quilmas á súa costa. Como resposta, os veciños e veciñas de Quilmas constituiron, con apoio da propia administración, a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa que cultiva e comercializa produtos horta e froita ecolóxicos en 20 hectáreas de terreo, na zona na que Stolt Sea Farm pretende ampliar a súa piscifatoría. A ampliación desta instalación (reiteradamente denunciada por verteduras contaminantes) destruirá terreos e cultivos, estragando os empregos e derramando os beneficios que está a xerar a cooperativa. No entanto, e pesar de Núñez Feijóo aludíu a criterios sociais e ambientais para retirar 4 proxectos, as reivindicacións dos veciños de Quilmas non foron escoitadas. Agora, a Xunta vai quitarlles os terreos e o modo de vida aos veciños para beneficiar a unha empresa privada. Que entenden entón o Sr. Feijóo e a Sra. Quintana por impacto ambiental e social? Touriñan como símbolo na conservación da natureza De entre os proxectos acuícolas que nunca deberan ser nen sequera considerados polo seu alto impacto ambiental está o de cabo Touriñán. Unha análise minimamente seria e rigorosa do proxecto de Touriñán debería concluir cunha Declaración de Impacto Ambiental negativa: 350.000 m² de cemento e plástico non poden ser compatíbeis coa conservación dos hábitats prioritarios terrestres e mariños presentes en Touriñán. Este proxecto exemplifica a submisión da política aos intereses de empresas sen escrúpulos que só pretenden o seu lucro a costa de estragar o ambiente e xerar atraso económico e social. E o goberno galego, por boca do seu Presidente, afirma sen rigor científico ningún que o macroproxecto acuícola de Touriñán non ten impacto ambiental algún. Como e posíbel tanta ignorancia, soberbia a prepotencia nun responsábel público? Tamaña irresponsabilidade é inadmisíbel e merece unha resposta firme, contundente e pacífica da cidadanía en defensa da lei e do noso patrimonio, para esixir a retirada do proxecto de cabo Touriñán. Touriñán é un símbolo da irracionalidade do Plano Acuícola: improvisación, destrución do ambiente e vulneración das leis e dos dereitos dos cidadáns. Boicote a Pescanova Cómpre que os cidadáns demostren aos políticos e empresarios sen escrúpulos, que as súas accións provocan rexeitamento e van ter consecuencias. Entre as medidas que podemos tomar para obrigarlles a repensar o o desastroso proxecto de Touriñán, ADEGA propón o boicote aos produtos do Grupo Pescanova. Os boicotes son unha forma de protesta pacífica promovidos polos precursores do ecopacifismo dos que temos bo exemplo en Mahatma Gandhi, quen acuñou o termo “resistencia non violenta”, para boicotar os produtos británicos en 1915 e loitar polos dereitos do pobo hindú. Esta sinxela acción pode ser practicada por calquera persoa para esixir á dirección de Pescanova e ao goberno galego a retirada do proxecto de piscifactoría en Touriñán: a os primeiros doeranlle os cartos e aos segundos, os votos. Baixa o cartaz para rotular os produtos de Pescanova nos supermercados:
http://www.adega.info/

sábado, 12 de septiembre de 2009

11 DE SETEMBRO NOS MONTES OURENSANOS 2009












Arde Ourense mentras a Xunta denega información


Ourense, no 12 de setembro. O territorio distrital de Ourense é pasto das chamas. Miles de hectáreas de bosque e monte baixo están a arder diante da desesperación dos veciños e habitantes do medio rural. A Xunta de Galiza está a ocultar información sobre o número de focos activos e as hectáreas queimadas. Se a primeiros da tempada estival Adega, mediante a comunicación dos habitantes e afectados das aldeas rurais, detectaba importantes incendios dos que non se ofrecía información (incendio no Teixadal de Casaio, gravísimo incendio en Vilardevós que calcinou un cuarto do territorio do concello), na altura do final do verao contínuase coa política de censura informativa e ocultación das cifras reais de datos obxectivos e contrastables coa información manexada polos propios concellos damnificados




FALLAN OS SERVIZOS DE VIXILANCIA.
A actual Consellaría de Medio Rural desmantelou o dispositivo de vixilancia forestal implantado polo governo do ourensán Alfredo Suárez Canal e que tan bóns rendimentos deu, coñecido como Voluntariado en Defensa do Monte Galego. O Voluntariado estaba coordinado desde un Servizo Central e abranguía toda unha rede de vixilancia composta por comuneiros, veciños e agrupacións de voluntarios que daban cobertura a totalidade do territorio galego . En troques, a Xunta actuante implementou un servizo mixto de vixilancia com contratacións de monitores e voluntarios que están a demostrar a súa ineficacia desde o primeiro momento pola súa descoordinación e falta de interesse na labor que supostamente tiñan que cumprir. Alem diso, a falta de medidas de prevención é palpábel nesta vaga de incendios. Moitos dos lumes están a pór en perigo vivendas e propiedades que non teñen as franxas de protección limpas darredor e desbrozadas, pola ineptitude das administracións públicas responsábeis (concellos incumpridores da normativa exitente e administración autonómica consentidora).
Eis un exemplo dos lumes acontecidos no día 11 de setembro e as horas nas que se prendeu lume;
Coles 15.00 aprox
Nogueira de Ramuin -Luíntra 14.30
A Bola 15.00
Trasmiras 16.00
A Mezquita 16.15
Verin 18.30
O Barco 19.00
Ourense 19.00
Ribadavia 19.15
Celanova 18.30
Paderne de Allariz 18.30
San Cibrao das Viñas 17.30
Adega demanda a populación en xeral que denuncie calquera conato de lume no monte dando aviso aos distintos Servizos en Defensa da Natureza (SEPRONA, TLF. O85 ou 112)








A XUNTA DE FEIJO:Suprimirá o despregamento de voluntarios antiincendios

O Goberno galego fará este ano fincapé, máis que no voluntariado creado polo Executivo anterior para vixiar o monte, nas «patrullas disuasorias», que terán a mesma finalidade, pero responderán a criterios de maior profesionalización e cobrarán por desenvolver o seu traballo.
A iniciativa constitúe, sen dúbida, un dos retoques anunciados o pasado martes polo director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, respecto ao plan contraincendios do bipartito, que a nova Xunta asumiu na práctica totalidade, entre outras cousas, porque non tivo moito tempo para realizar cambios.
Medio Rural habilitará unha partida orzamentaria para este fin, ao obxecto de que as patrullas poidan estar dispoñibles coa posta en marcha do operativo, o primeiro de xullo. O Executivo saínte chegou a despregar no verán ata 7.000 voluntarios, o que o ex conselleiro Alfredo Suárez Canal denominou entón «todo un exército ambiental». A Xunta bipartita investiu 657.000 euros no programa de voluntariado en defensa do monte galego.