miércoles, 19 de octubre de 2011

CATASTROFE ECOLOXICA EN OURENSE INCENDIOS


Oleada de incendios en pleno otoño
Un gran fuego amenaza el parque natural de O Invernadeiro
Archivada la investigación judicial por la muerte de dos brigadistas en 2010 en Fornelos

EL PAÍS / AGENCIAS - Santiago - 19/10/2011
Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 14 votos
Comentarios Comentarios - 5
Imprimir Enviar



Un incendio de grandes proporciones, con varios kilómetros de frente, amenaza desde esta tarde las inmediaciones del parque natural de O Invernadeiro, en el municipio ourensano de Vilariño de Conso. En ese mismo ayuntamiento se logró controlar esta tarde otro enorme fuego iniciado el pasado jueves en la localidad limítrofe de Manzaneda, que ha arrasado, según la Xunta, al menos 1.800 hectáreas. Favorecidos por un descenso de las temperaturas, los equipos de extinción pudieron controlar también dos fuegos, que han destruido 1.000 hectáreas cada uno, en los municipios de Lobios y Maceda.

La noticia en otros webs

webs en español
en otros idiomas

El conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, ha señalado esta tarde que, "en estos momentos, la situación" de los incendios forestales en Galicia "mejora respecto a días anteriores, pero sigue siendo preocupante" por la "elevada actividad incendiaria y el alto número de nuevos focos que surgen, sobre todo, en dos momentos del día: a mediodía y cuando cae la noche".

Mientras, funcionarios de la policía autonómica de Ourense han informado de la detención de un vecino de la localidad de A Peroxa como presunto autor de dos incendios forestales que afectaron a este municipio. El primero de los fuegos que se le imputa ocurrió el pasado 15 de octubre en la parroquia de San Xes da Peroxa y en él se calcinaron 1,5 hectáreas de mote arbolado. El segundo de los incendios ocurrió el mismo día en la parroquia de Belquirime y afectó a una superficie de 40 hectáreas. La policía autonómica ha detenido a 77 personas en lo que va de año por delitos relacionados con incendios forestales.

Al mismo tiempo, el Juzgado de Instrucción número 2 de Redondela ha archivado las diligencias abiertas por el incendio que el 12 de agosto de 2010 se cobró la vida de dos brigadistas de la Xunta en la localidad pontevedresa de Fornelos. El juzgado no ha hallado pruebas para inculpar a un vecino de esa localidad que había sido detenido el año pasado bajo la acusación de prender el fuego que provocó la muerte de los bomberos Rodrigo Amo González y Julio Martínez Dasilva.

DESASTRE ECOLOGICO EN OURENSE



GRAN DESASTRE ECOLOGICO MILES DE HECTAREAS ARRASADAS EN OURENSE


A asociación ecoloxista Adega acodiu ás imaxes proporcionadas polos satélites da NASA e as súas conclusións e análises son estarrecedoras. Así o indica nun comunicado que transcribimos:

"Nos 15 primeiros días deste mes, os lumes de Ourense xa arrasaron 10.909 Ha en 4 espazos protexidos da Rede Natura: O Macizo Central perdeu máis dun 12% do seu territorio, principalmente nas serras do Invernadoiro e Queixa; a Baixa Limia-Serra do Xurés perdeu un 11%, tamén nas zonas de maior valor; e en Pena Maseira e Pena Trevinca ardeu o 7,6% e 5,7% da súa superficie. Perante a manipulación dos datos por parte da Xunta, que teima en minimizar a superficie queimada e a afección aos espazos protexidos, os satélites da NASA non deixan lugar a dúbidas: trátase dunha das catástrofes ecolóxicas máis importantes acontecidas no país dende o Prestige. Nen nos lumes de 2006 a afección aos espazos protexidos foi tan importante. Pola súa nefasta xestión, incompetencia e desleixo, ADEGA esixe a demisión de Samuel Juárez e a declaración da súa consellaría como "zona catastrófica". Facemos tamén un chamado á sociedade galega para participar na concentración deste sábado 22 na Pobra de Trives (praza do concello, 12h).

Dende fai anos tense claro que o millor xeito de atallar os lumes é mediante a prevención, xa que a extinción non é máis que un parche momentáneo dun problema de maior calado que como vemos, retorna ano tras ano se a climatoloxía é adversa.

Á falla de atención ao medio rural de montaña, á ausenza dunha politica forestal coerente, de investimentos e de propostas para uns espazos interiores cunhas potencialidades enormes, hai que engadir a incompetencia e o desleixo dos seus xestores, para os que "o medio rural está condeado a desaparecer" en palabras do propio conselleiro Juárez. Eis unha auténtica declaración de intencións, a proba do nove da incapacidade e o desleixo institucional.

O governo do PP decidíu retomar a mesma política de escaparate da era Fraga, isto é, adicar 100 millóns de euros a extinción (1% do orzamento da Xunta) e anular a maioría das medidas de prevención postas en marcha. Ademáis de criticar abertamente unha norma, a Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestais, que debería aplicar (xa pretende modificala através dunha nova Lei de Montes), a Xunta ten reducido significativamente os operativos de loita contra o lume, eliminado o Voluntariado do Monte, suspendidas as BIIF (Brigadas de Investigación dos Incendios Forestais), desactivado as UXFOR e aberto a porta á especulación coas SOFOR, mentres intensificou a súa política escurantista no plano informativo. Mesmo ten decretado que, indepedentemente da climatoloxía, os lumes teñen que acontecer de xuño a setembro e punto. Así resultou patético ver ao conselleiro Juárez apresentando o balanzo triunfal da tempada 2011 que poucos días despois, a realidade encarregábase de corrixir.

Na cuestión dos incendios a Xunta está pois, máis preocupada do plano mediático (o que poida saír na prensa) que de afrontar as causas destes: máis pendente do fume que do lume. A política informativa de Medio Rural, ao igual que a súa política forestal está sendo escurantista e manipuladora. Téntase minimizar a dimensión do problema en todo momento, empregando todo tipo de estratexias: só se informa dos lumes que superan as 20 ha; fálase de quilómetros cadrados e non de hectáreas (1 km2 equivale a 100 ha, polo que o efecto visual reduce en dous díxitos a dimensión); non ten publicado os traballos de prevención realizados no territorio nen o grao de cumprimento dos planos de prevención; nen respectado a obriga de informar e concienciar sobre as normas establecidas na Lei 3/2007 (distancias das prantacións ás casas e vías de comunicación, obriga de limpeza das parcelas, etc).

Á vista da incapacidade da administración para atender á verdadeira dimensión do problema ADEGA demándalle que estableza prioridades á hora de loitar contra o lume e as súas consecuencias: despois das zonas habitadas, os espazos protexidos ou con valores naturais de interese deben centrar os esforzos de contención. Non hai que agardar a que cheguen as choivas: hai que tomar xa medidas urxentes de restauración, loita contra a erosión e de recuperación da biodiversidade nas zonas queimadas, particularmente na Rede Natura. A perda de solo e os arrastres de cinsas e sedimentos podería significar unha segunda catástrofe ecolóxica para estes espazos e facer moito máis difícil a súa recuperación.

No caso dos espazos afectados (Macizo Central, O Invernadoiro, Queixa, A Limia, O Xurés, Trevinca, Pena Maseira…) cómpre a declaración de zona catastrófica para unha inxección directa de axudas e medios, comprometendo os orzamentos precisos para os planos de recuperación hidrolóxico-forestal e de recuperación ambiental. Deberiase comezar por protexer da erosión as zonas queimadas, acondicionando faixas de protección contra a escorrentía e evitando no posíbel o uso maquinaria pesada en espazos sensíbeis. Outras medidas complementarias deberían ser a prohibición temporal da caza non só nas zonas queimadas senón tamén no seu perímetro xa que a fauna tende a refuxiarse nestas áreas, dispoñer alimento de urxencia para gando e fauna salvaxe, ademáis de medidas proactivas para recuperar a nosa biodiversidade máis sensíbel e ameazada. Ula a Dirección Xeral de Conservación da Natureza?

Para acadar estes obxectivos a colaboración coas comunidades de montes, sector agrogandeiro, concellos, sector turístico e a implicación activa do voluntarido como elemento de concienciación e compromiso cun medio rural vivo, resulta fundamental. Finalmente, habería que acometer reformas estruturais de maior calado na sociedade e no territorio, para conquerir por exemplo, estreitar o cerco social e xudicial contra os pirómanos; elaborar un novo plano forestal que abandone as pirófitas e potencie a multifuncionalidade; unha Lei de Montes que contemple as funcións social, económica e ecolóxica… e tantas outras medidas para fomentar o desenvolvemento sustentábel do medio rural.

Dende ADEGA cremos nun mundo rural vivo e non nun espazo "condeado a desaparecer" do que algúns só se acordan cando arde e perigan os votos."


CONCENTRACIÓN EN TRIVES EN DEFENSA DOS NOSOS MONTES
Descargar como un arquivo iCal
Descargar como un arquivo iCal

Sábado, 22 Outubro 2011, 12:00
ADEGA apoia a convocatoria deste acto. O sábado desprazarémonios a Trives para expresar a nosa solidariedade coa veciñanza afectada e reclamar unha outra política forestal para un MEDIO RURAL VIVO.
Ponte en contacto co noso local nacional para coordenarmos os desprazamentos.
Reproducimos a convocatoria feita polos alcaldes:

O vindeiro día 22 de outubro (sábado) ás 12 do mediodía celebrarase unha concentración na praza do concello de Trives en defensa dos nosos montes e para pedir solucións á Xunta para gandeiros e veciños afectados. Á mesma acudirán alcaldes de todo o macizo Central.

Que non nos tomen máis o pelo, acudide!!
Mentres Manzaneda arde Feijóo está recollendo votos pola Arxentina e o conselleiro Juárez por Madrid !!

O alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, asegura sentirse desamparado. O seu municipio forma xunto cos de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso o triángulo do Macizo Central onde a Xunta recoñece que se rexistrou un "gran incendio". "Non nos chegan os medios e a consellería dinos que fai o que está na súa man", comenta o rexedor. "Desde o 1 de outubro en que comezou a arder todo" non recibiu nin unha chamada de Medio Rural.

Onte tentou comunicarse co conselleiro, Samuel Juárez. Atendeuno "un secretario que me dixo que facían o que podían". Rodríguez alertou ao representante de Medio Rural de que "entre o tres municipios do Macizo Central queimáronse até agora 6.000 hectáreas", pero na Xunta "insisten en que non arderon máis de 2.000". O Goberno galego informaba ao mediodía de onte de que se mantiñan activos os grandes lumes do Xurés e o Macizo Central pero non daba cifras da superficie queimada. Pola noite recoñeceu que, desde o venres, rexistráronse en Galicia 400 incendios, pero só deu información dunha vintena. Á vista da situación, o Ministerio de Defensa decidiu onte enviar 300 militares máis, que se suman aos 367 xa despregados.

ACODE A TRIVES EN DEFENSA DOS NOSOS MONTES!

LUMES OUTUBRO OURENSE 2011




No ano das florestas, 11000 Ha de espazos protexidos queimadas en 15 días ante a pasividade da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia No ano das florestas, 11000 Ha de espazos protexidos queimadas en 15 días ante a pasividade da Xunta a FaceBookEnvia No ano das florestas, 11000 Ha de espazos protexidos queimadas en 15 días ante a pasividade da Xunta a Twitter

lumesourensetn19 de outubro de 2011. Nos 15 primeiros días deste mes os lumes de Ourense arrasaron 10.909 Ha só en 4 espazos protexidos da Rede Natura: O Macizo Central perdeu máis dun 12% de territorio, principalmente nas serras do Invernadoiro e Queixa; a Baixa Limia-Serra do Xurés perdeu un 11%, tamén nas zonas de maior valor; e en Pena Maseira e Pena Trevinca ardeu o 7,6% e 5,7% da superficie. Perante a manipulación dos datos pola Xunta, que teima en minimizar a superficie queimada e a afección aos espazos protexidos, os satélites da NASA non deixan lugar a dúbidas: trátase dunha das catástrofes ecolóxicas máis importantes acontecidas no país dende o Prestige. Nen nos lumes de 2006 a afección aos espazos protexidos foi tan importante (<2000 Ha). Pola súa nefasta xestión, incompetencia e desleixo, ADEGA esixe a demisión de Samuel Juárez e a declaración da súa consellaría como "zona catastrófica". Facemos tamén un chamado á sociedade galega para participar na concentración do sábado 22-O na Pobra de Trives (praza do concello, 12h).

Terra-MODIS.vis.18102011.250Dende fai anos tense claro que o millor xeito de atallar os lumes é mediante a prevención, xa que a extinción non é máis que un parche momentáneo dun problema de maior calado que como vemos, retorna ano tras ano se a climatoloxía é adversa.

Á falla de atención ao medio rural de montaña, á ausenza dunha politica forestal coerente, de investimentos e de propostas para uns espazos interiores cunhas potencialidades enormes, hai que engadir a incompetencia e o desleixo dos seus xestores, para os que “o medio rural está condeado a desaparecer” en palabras do propio conselleiro Juárez. Eis unha auténtica declaración de intencións, a proba do nove da incapacidade e o desleixo institucional.

O governo do PP decidíu retomar a mesma política de escaparate da era Fraga, isto é, adicar 100 millóns de euros a extinción (1% do orzamento da Xunta) e anular a maioría das medidas de prevención postas en marcha. Ademáis de criticar abertamente unha norma, a Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestais, que debería aplicar (xa pretende modificala através dunha nova Lei de Montes), a Xunta ten reducido significativamente os operativos de loita contra o lume, eliminado o Voluntariado do Monte, suspendidas as BIIF (Brigadas de Investigación dos Incendios Forestais), desactivado as UXFOR e aberto a porta á especulación coas SOFOR, mentres intensificou a súa política escurantista no plano informativo. Mesmo ten decretado que, indepedentemente da climatoloxía, os lumes teñen que acontecer de xuño a setembro e punto. Así resultou patético ver ao conselleiro Juárez apresentando o balanzo triunfal da tempada 2011 que poucos días despois, a realidade encarregábase de corrixir.

[Política de lumes da Xunta: fachada e fachenda::] Na cuestión dos incendios a Xunta está pois, máis preocupada do plano mediático (o que poida saír na prensa) que de afrontar as causas destes: máis pendente do fume que do lume. A política informativa de Medio Rural, ao igual que a súa política forestal está sendo escurantista e manipuladora. Téntase minimizar a dimensión do problema en todo momento, empregando todo tipo de estratexias: só se informa dos lumes que superan as 20 ha; fálase de quilómetros cadrados e non de hectáreas (1 km2 equivale a 100 ha, polo que o efecto visual reduce en dous díxitos a dimensión); non ten publicado os traballos de prevención realizados no territorio nen o grao de cumprimento dos planos de prevención; nen respectado a obriga de informar e concienciar sobre as normas establecidas na Lei 3/2007 (distancias das prantacións ás casas e vías de comunicación, obriga de limpeza das parcelas, etc).

Á vista da incapacidade da administración para atender á verdadeira dimensión do problema ADEGA demándalle que estableza prioridades á hora de loitar contra o lume e as súas consecuencias: despois das zonas habitadas, os espazos protexidos ou con valores naturais de interese deben centrar os esforzos de contención. Non hai que agardar a que cheguen as choivas: hai que tomar xa medidas urxentes de restauración, loita contra a erosión e de recuperación da biodiversidade nas zonas queimadas, particularmente na Rede Natura. A perda de solo e os arrastres de cinsas e sedimentos podería significar unha segunda catástrofe ecolóxica para estes espazos e facer moito máis difícil a súa recuperación.

No caso dos espazos afectados (Macizo Central, O Invernadoiro, Queixa, A Limia, O Xurés, Trevinca, Pena Maseira…) cómpre a declaración de zona catastrófica para unha inxección directa de axudas e medios, comprometendo os orzamentos precisos para os planos de recuperación hidrolóxico-forestal e de recuperación ambiental. Deberiase comezar por protexer da erosión as zonas queimadas, acondicionando faixas de protección contra a escorrentía e evitando no posíbel o uso maquinaria pesada en espazos sensíbeis. Outras medidas complementarias deberían ser a prohibición temporal da caza non só nas zonas queimadas senón tamén no seu perímetro xa que a fauna tende a refuxiarse nestas áreas, dispoñer alimento de urxencia para gando e fauna salvaxe, ademáis de medidas proactivas para recuperar a nosa biodiversidade máis sensíbel e ameazada. Ula a Dirección Xeral de Conservación da Natureza?

Para acadar estes obxectivos a colaboración coas comunidades de montes, sector agrogandeiro, concellos, sector turístico e a implicación activa do voluntarido como elemento de concienciación e compromiso cun medio rural vivo, resulta fundamental. Finalmente, habería que acometer reformas estruturais de maior calado na sociedade e no territorio, para conquerir por exemplo, estreitar o cerco social e xudicial contra os pirómanos; elaborar un novo plano forestal que abandone as pirófitas e potencie a multifuncionalidade; unha Lei de Montes que contemple as funcións social, económica e ecolóxica… e tantas outras medidas para fomentar o desenvolvemento sustentábel do medio rural.

Dende ADEGA cremos nun mundo rural vivo e non nun espazo “condeado a desaparecer” do que algúns só se acordan cando arde e perigan os votos.