Xan Carlos Fernández con Documento de -actuando en nome e representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e con enderezo a efectos de notificación na -Ourense
EXPON
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de tomar coñecemento por medio de distintas queixas chegadas á nosa Asociación que o pasado día 3 de xaneiro de 2010, observouse como, ás 10:30 horas da mañá, un indivíduo de identidade descoñecida, se atopaba cazando no espazo natural coñecido como A Veiga do Toxal, situado no concello limiao de Porqueira, durante os minutos que se estivo a observar a esta persoa disparou en duas ocasións, a primeira co obxecto de cazar un exemplar xuvenil de garza real (Ardea cinerea), especie protexida, na segunda ocasión disparoulle a un largarteiro ou penereireiro (Falco tinnunculus), tamén unha especie protexida, por sorte fallou nas duas ocasións, con posterioridade seguironse producindo disparos, e levantáronse abundantes e nutridos bandos de avefrías (Vanellus vanellus), e pesar de ser unha especie cazable, as Veigas do Toxal protexeronse por que supoñen unha das principais áreas de nidificación para as especies na Península Ibérica. (Xúntase documentación gráfica acreditativa dos feitos denunciados).
A Veiga do Toxal, está incluida dentro da ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves), da Limia, declarada como tal o pasado 24 novembro de 2009 e forman parte do LIC “Veigas de Ponteliñares) dentro da Rede Natura 2000.
Por todo isto, SOLICITA
A personación inmediata do Servizo da Gardería Ambiental dependente desa administración para a inspección do lugar e control da caza que se está a efectuar, incoándose expediente sancionador contra o cazador furtivo por contravir a lexislación en materia de caza atentado contra a biodeversidade da fauna, nun espazo declarado recentemente Zona ZEPA e tamén protexido pola Lei reguladora de Augas.
En Ourense, no 5 de xaneiro de 2010
SR. XEFE TERRITORIAL DA CONSELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE EN OURENSE
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario