sábado, 1 de enero de 2011

OURENSE CONTAMINACION ATMOSFERICA

farodevigo.es » Portada de Ourense
Noticia anterior Noticia siguiente
Ourense es la ciudad gallega que más excedió el límite legal de emisión de óxido de nitrógeno
El biólogo Ramón Varela revela que es un elemento contaminante
07:47
VOTE ESTA NOTICIA


Enviar

Imprimir

Aumentar el texto

Reducir el texto
V. RODRÍGUEZ - OURENSE Ourense es la ciudad gallega que más excedió los límites horarios legales de concentración de óxidos de nitrógeno, según denunció el catedrático de Biología y expresidente de Adega, Ramón Varela, que analizó los datos en los último tres meses en todas las áreas urbanas de Galicia.
Así, además de considerar que la situación es especialmente grave en el caso de Ourense, recalcó que estos compuestos provienen fundamentalmente de las emisiones de los motores de automóviles y de la quema de combustibles fósiles en centrales térmicas para la producción eléctrica.
Según los datos analizados por el biólogo Ramón Varela, el número de veces que se ha superado los máximos horarios legales en las ciudades en los tres últimos meses, que no deben ser más de 18 veces al año, en el caso de Ourense fueron 112, frente a las 4 de Lugo, que fue la que tuvo el menor registro.
Puntual
Sobre esta cuestión se pronunció ayer el concejal de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, que, además de subrayar que "son puntuales", considera que los datos "no son reales", aunque evitó entrar en un debate con el biólogo Ramón Varela.
También aclaró que esta situación se produce en ciudades con un movimiento atmosférico bajo o, lo que viene a se los mismo, que el viento es mucho menor que en otras ciudades gallegas.
"La renovación del aire no es constante e influye la propia situación de la ciudad", dijo Espinosa, que de nuevo recalcó que esa situación se produjo "un par de veces", y esgrimió como argumento para contrarrestar las denuncias del Ramón Varela los datos de la caseta de calidad meteorológica que el Concello de Ourense instaló en la Alameda, en la que se recogen "cada hora y tenemos un control del grado de contaminación".
A este respecto, Demetrio Espinosa pidió "prudencia" al realizar denuncias en este sentido, debido a la "alarma" que puede generar en la ciudadanía, ya que "si eso sucede en una ciudad como Ourense, qué pasará en capitales como Madrid o Barcelona". Y aunque reconoce que los argumentos expuestos no "disculpan el exceso que se pudo producir en la contaminación atmosférica" reiteró que no es habitual.



VA ESO SEGURAMENTE E DEBIDO O PROBLEMA DA INVERSION TERMICA OURENSE E UNHA CIDADE PECHADA (VAL FLUVIAL) ENTRE MONTAÑAS. E A CONTAMINACIÓN QUEDA ATRAPADA EN FORMA DE SMOG E O RAIOS DO SOL DESCOMPOÑEN E FAN INTERACTUAR CONTAMINANTES, PRODUCIDODS POLOS COCHES (INTENSIDADE DO TRAFICO MAIS CALDERAS DE CALEFACCIONS ETC)

CONTAMINACIóN EN GALICIA
Os gases de combustión nas urbes galegas superan o límite legal para a saúde
C.D.P. / M.C.
15/12/2010 - 01:09 h.
Refinería de Repsol / XdG
Refinería de Repsol / XdG
Adega denuncia que a atmósfera dos núcleos urbáns de Galicia ten unha alta concentración de óxidos de nitróxeno, gases moi nocivos
A Xunta non está preparada ante a contaminación da atmósfera galega
Medicións no último trimestre
Estaremos todos podres





X
Segundo os datos dun estudo realizado polo ex presidente da asociación ecoloxista Adega e catedrático de Bioloxía e Xeoloxía, Ramón Varela, a concentración de óxidos de nitróxeno detectados no aire das principais cidades galegas superou este ano os limites legais– marcados en 220 microgramos por m3 e hora–en moitas ocasións. A partir da información do catedrático de Bioloxía pódense tirar datos tales como que todas as áreas urbanas de Galicia estiveron nalgún momento do ano por riba dos valores máximos recomendados.
O estudo, do que se fixo eco a Adega, tamén sinala claramente quen son os culpables. As emisións contaminantes, “altamente tóxicas para a saúde e nocivos para o medio ambiente”, proveñen fundamentalmente dos motores de combustión–do tráfico– e da queima de combustibles nas industrias.
Especialmente contaminadas por este motivo atópanse as cidades de Ourense, Compostela, Vigo, Ferrol e Pontevedra. Con todo, dende Adega advirten: “A contaminación por óxidos de nitróxeno non só é moi perigosa senón que tamén se expande dunha forma moi rápida. Iso quere dicir que o feito de que as grandes empresas contaminantes de Galicia estean preto das cidades, os problemas derivados da emisión de tóxicos non van quedarse só nas urbes, senón que se expanderán de forma moi rápida a outras zonas”.
Segundo os datos manexados por Adega, as grandes cidades galegas sobrepasaron este ano con creces o número de veces que emitiron a atmósfera unha cantidade de gases superior ao máximo legal permitido de 200 ug/m3 .
Así, Pontevedra tería sobrepasado ata en sete ocasións a máxima permitida, mentres que Lugo o tería feito só en catro ocasións e e Ferrol e A Coruña en 24 e 14 veces. Non obstante, recóllense datos moito máis graves como é o caso de Santiago de Compostela que sobrepasou os máximos permitidos ata en 52 ocasións, mentres que Pontevedra fíxoo en 68, Vigo en 70 e Ourense en 112 veces.
“O certo é que a situación da cidade de Ourense é especialmente grave”, apuntan dende Adega. “A súa máxima horaria de emisión chegou a ser de 458 ug/m3 , sobrepasando en maís do dobre o permitido, e ademais pasa case todo o ano por enriba deses números. As altas temperaturas da provincia fan que as emisións se propaguen moi rapidamente a outras zonas, chegando incluso aos Ancares”, comentan.
O informe sobre os óxidos de nitróxeno de Ramón Varela asegura que a cidade das Burgas sobrepasa as máximas de emisión de óxidos permitida de xaneiro a xuño durante a primeira metade do ano e de septembro a decembro. “O que ocorre en Ourense é unha auténtica barbaridade”, declaran.
“O certo é que cos poucos medis que temos ao alcance constatamos que a situación é expecialmente preocupante en Galicia. Non só estamos a falar de óxidos, senón tamén de outros compostos, como as partículas, que son especialmente perigosas e contaminantes e que abondan en cidades como A Coruña, principalmente por causa da refinería de Repsol e dos áridos que descargan no porto”, explica o ecoloxista Fins Eirexas.
Dende a asociación en defensa do medio ambiente advirten de que os compostos de óxido de nitróxeno que se botan ao aire son “particularmente nocivos”.
“O dióxido de nitróxeno é altamente tóxico e irrita a pel e as mucosas e penetra ao respiralo nos alvéolos pulmonares. Pode formar ácido nitroso no tecido pulmonar, dana as paredes capilares e pode causar edemas logo dun período de latencia de dúas a vintecatro horas”, informan os ecoloxistas, que explican: “Os síntomas máis normais son ardor e lagrimexo dos ollos, ademais de tose, dispnea...”.
Mais, os problemas derivados as emisións de óxidos, non só afectan a persoas e animais, tamén a plantas e a solo. “Estes gases afectan á resistencia de diversos vexetais e volven moi ácido o ph do solo”, avisan dende Adega.




X
“A Xunta de Galicia non ten os mecanismos necesario para afrontar un episodio puntual de grave contaminación do aire”. Así de tallante amósase o secretario executivo da asociación ecoloxista galega Adega, Fins Eirexas.
Tras o estudo realizado polo ex presidente da agrupación medioambiental e experto en contaminación Ramón Varela dende Adega reclámanlle ao Goberno galego unha actuación moito máis decidida para atallar as emisión contaminantes de óxido de nitróxeno ao aire.
Segundo asegura Adega, as grandes empresas galegas, e sobre todo as térmicas, son unhas das principais responsables dos elevados índices de contaminación por óxido de nitróxeno no aire das cidades galegas. Non obstante, segundo Eirexas, non hai un control real das emisións que as industrias realizan. “Todas as empresa teñen a obriga de realizar un rexistro das súas emisións, que teñen que ter suxeitas a un control, mais o que ocorre é que dende a Xunta non se verifican que os datos que eles fan públicos son certos”, explica.


ESCASO CONTROL
“As cifras que se poden ver en diversas páxinas tanto da Xunta como do Estado non foron medidas pola Administración galega. Son os datos que queren ofrecer as empresas”, continúa o ecoloxista. “É certo que as empresas saben que poden estar suxeitas en calqueira momento a un estudo, se así se lle quixera facer, pero con todo, eu creo que se a Endesa chega un técnico da Xunta cun aparatiño a medir as emisións riénse del”, comenta con certa sorna. Así, a primeira denuncia que fan dende Adega a respecto do informe realizado por Ramón Varela, é que “as grandes industrias galegas non teñen ningún tipo de control por parte da Xunta”.
No estudio realizado por Varela advírtese dos principais pasos que tería que seguir a Administración que dirixe Alberto Núñez Feijóo para evitar episodios de contaminación grave: “Tanto o Goberno galego como os concellos das grandes cidades terían que centrarse en resolver tres fontes principais de contaminación: en primeiro lugar as emisións das industrias máis próximas á poboación, como é o caso de Finsa de Santiago, Ence de Pontevedra, Repsol na Coruña ou Orember en Ourense. En segundo lugar tamén habería que controlar as emisións das calefaccións e as emisións de tráfico rodado”.
Deste modo, os ecoloxistas piden que dende a Xunta se fagan uns controis sistemáticos ás empresas. “É necesario levar a cabo inspeccións periódicas ao longo do ano en aqueles meses onde se detectou que os índices de emisión de óxido de nitróxeno sobrepasan os límites recomendados”, explican.A partir dos datos tirados do informe do biólogo, Adega tamén lle demanda á Xunta non só un control sobre as emisión empresariais senón unhas políticas que primen máis o transporte colectivo.
“A Xunta non quere tomar medidas para que non aumenten as emisións de tráfico, que en Galicia están chegando xa a uns niveis moi considerables, porque mentres que outro tipo de emisións van baixando estas cada día que pasa aumentan máis”, di Eirexas, que aclara: “Por exemplo en Endesa, coa chegada da crise, rebaixáronse moito as emisións de gases invernadoiro, pero emisión de tráfico, esas hai cada día máis”.
“Por parte da Xunta séguese a apostar por un modelo de transporte baseado no automóbil privado, como é o Plan Move, ou as subvencións é merca de coches”, critican os ecoloxistas.

ESTACIÓNS DE MEDICIÓN
Para asegurarse de que a Xunta de Galicia pode garantir unha resposta rápida ante un episodio de contaminación polo aire, dende Adega demandan ademais ao Executivo autonómico que amplie as estacións de vixiancia e medición que existen e que se encargan de rexistrar periódicamente o volumen de emisións das principais cidades galegas.
“Galicia conta cunha das redes públicas máis cativas do Estado para o control da contaminación atmosférica”, comentan dende Adega. O certo é que a comunidade galega conta con tan só nove medidores en todo o territorio, dous dos cales atópanse ubicados en Santiago de Compostela– un en San Caetano e outro no Campus Sur Universitario–.
“Realmente, a rede de medición que existe en Galicia é ridícula. Nós só temos nove medidores mentres que n Cataluña hai 68, en Euskadi hai 72 e en Madrid 23”, manifestan dende Adega.
De xeito paralelo, o estudo do catedrático de Bioloxía e Xeoloxía Ramón Varela revela que os meses de inverno son nos que máis aumentan as emisións nocivas ao aire, rexistrándose en todas as grandes cidades galegas un volume de contaminación maior entre os meses de novembro e de febreiro.




X
VIGO. LÍMITE SUPERADO 70 VECES
No período de estudo do informe, desde o 26 de agosto ata o 1 de decembro, Vigo chegou a acadar unha máxima de 404,75 ug/m3, o 4 de novembro. Na cidade viguesa rexistráronse 70 mostras que superaban o límite permitido nun só trimestre.
A CORUÑA. LÍMITE SUPERADO 14 VECES
Desde o 26 de agosto ata o 30 de novembro, a cidade da Coruña superou 14 veces o límite legal para a protección da saúde, que só debe superarse 18 veces en todo un ano. O máximo rexistrado foi de 270,08 ug/m3, o pasado 23 de outubro.
OURENSE. LÍMITE SUPERADO 112 VECES
O caso de Ourense é un dos máis graves xa que, polas mostras, é a cidade que rebasou máis veces os límites de óxidos de nitróxeno, en parte polo seu clima e a súa situación. No último trimestre, superou o recomendable 112 veces, e chegou ata unha máxima de 458,24 ug/m3

SANTIAGO. LÍMITE SUPERADO 52 VECES
Santiago ten dúas estacións de medición, en San Caetano e no Campus Sur. Os datos son máis graves na primeira, onde se chegou a emisións de 565,67 ug/m3, moito máis do dobre do recomendable, e superouse o límite ata en 52 ocasións.


PONTEVEDRA. 68 VECES
No trimestre ata finais de novembro, a máxima foi de 320,17 ug/m3. Ata en 68 ocasións superaronse os 200 recomendables para protexer a saúde.
LUGO. 4 VECES
Lugo estaría na media recomendable de 18 ocasións ao ano. Os óxidos de nitróxeno non son o maior problema da cidade, con outro tipo de contaminación.

FERROL. 24 VECES
A central das Pontes inflúe, ademais doutros factores, na cidade de Ferrol, onde se chegou ata os 374,9 ug/m3 e superouse o límite 24 veces.


X
Xabier R.Blanco
Xabier R.Blanco
Xornalista
15-12-2010 00:40
Estaremos todos podres
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
X Resulta que en unos años no solo estaremos todos calvos, sino que estaremos todos podres. En cuanto lo de la alopecia puede haber reservas por la genética. En cuanto a la salud, y según se desprende de un informe de Adega, no hay la mínima duda, a no ser que a alguien sensato se le ocurra poner remedio.
El referido informe que, a estas alturas de columna y contando que haya empezado a leer el periódico desde la primera página, ya habrá dejado sin aire al más atrevido de los mortales. Todas las ciudades gallegas han registrado en el último trimestre una alta concentración de óxidos de nitrógeno y gases muy nocivos. Hasta en Ourense se supera el límite de gases de combustión aconsejable para que no tiemble la salud. La central térmica de As Pontes, la refinería de Repsol en A Coruña, la planta de Alcoa en A Mariña lucense, la de Ence en Pontevedra... manchan a este pulmón llamado Galicia a un precio, en comparación, más barato que el del tabaco. Deje de fumar, respire. El resultado puede ser el mismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario