miércoles, 19 de octubre de 2011



CONCENTRACIÓN EN TRIVES EN DEFENSA DOS NOSOS MONTES
Descargar como un arquivo iCal
Descargar como un arquivo iCal

Sábado, 22 Outubro 2011, 12:00
ADEGA apoia a convocatoria deste acto. O sábado desprazarémonios a Trives para expresar a nosa solidariedade coa veciñanza afectada e reclamar unha outra política forestal para un MEDIO RURAL VIVO.
Ponte en contacto co noso local nacional para coordenarmos os desprazamentos.
Reproducimos a convocatoria feita polos alcaldes:

O vindeiro día 22 de outubro (sábado) ás 12 do mediodía celebrarase unha concentración na praza do concello de Trives en defensa dos nosos montes e para pedir solucións á Xunta para gandeiros e veciños afectados. Á mesma acudirán alcaldes de todo o macizo Central.

Que non nos tomen máis o pelo, acudide!!
Mentres Manzaneda arde Feijóo está recollendo votos pola Arxentina e o conselleiro Juárez por Madrid !!

O alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, asegura sentirse desamparado. O seu municipio forma xunto cos de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso o triángulo do Macizo Central onde a Xunta recoñece que se rexistrou un "gran incendio". "Non nos chegan os medios e a consellería dinos que fai o que está na súa man", comenta o rexedor. "Desde o 1 de outubro en que comezou a arder todo" non recibiu nin unha chamada de Medio Rural.

Onte tentou comunicarse co conselleiro, Samuel Juárez. Atendeuno "un secretario que me dixo que facían o que podían". Rodríguez alertou ao representante de Medio Rural de que "entre o tres municipios do Macizo Central queimáronse até agora 6.000 hectáreas", pero na Xunta "insisten en que non arderon máis de 2.000". O Goberno galego informaba ao mediodía de onte de que se mantiñan activos os grandes lumes do Xurés e o Macizo Central pero non daba cifras da superficie queimada. Pola noite recoñeceu que, desde o venres, rexistráronse en Galicia 400 incendios, pero só deu información dunha vintena. Á vista da situación, o Ministerio de Defensa decidiu onte enviar 300 militares máis, que se suman aos 367 xa despregados.

ACODE A TRIVES EN DEFENSA DOS NOSOS MONTES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario