Tes unhas botas na casa?
2ª limpeza simultánea dos ríos galegos
Despois do éxito da primeira xornada de limpeza en ríos en 2008, repetimos a experiencia este domingo 27 de setembro. A limpeza desenvolverase en colaboración con concellos e distintas entidades e asociacións. Un dos problemas máis agravantes que sofren os nosos ríos segue a ser a cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Plásticos e entullos son elementos case habituais nos cursos fluviais. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por ser unha actividade dun día. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir.

Así que xa sabes: para este domingo 27, tes unhas botas na casa?
O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademáis de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. O pasado ano retirouse un total de 11.020 toneladas de lixo (estimados) de orixe diverso e incluso variopinto (neveiras, rodas, radiografías, colchóns...) Neste ano animamos aos participantes a pesar o lixo retirado e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un vertedoiro.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.
Podedes consultar, na seguinte táboa, cal é o/a coordinador/a de cada zona
ADEGA-Ourense
Xan Carlos
629 635 945
http://www.adega.info/

ANACO DO PROXECTO INTEGRAL PARA SEIXALBO
por Andrés González Seara
2. OS CAMIÑOS
Estreitamento releacionado co obxectivo anterior está o das vias de comunicación tradicionais: non só hai que valoralas como unha herdanza, senón tamén darlles un setido paráctico: hoxe en día un itenerario de camiños pionís rodeado de gragas a catro quilómetros da cidade é un luxo, primeiro para os veciños, despois para quen queira vir. Para isto proporémonos entre todos: 1) Limpar e manter limpos de maleza todos os camiños, entendendo por maleza, soamente as plantas que impidan o paso, non se deberia deixar nin un só, por pequeno que fose, sen limpar ou sinalizar. Ao mesmo temo que se roza e se van quitando as pedras guindadas no medio do camiño, tamén se sacaría todo o lixo e todos os cascallos. 2) Sería boa cousa deseñar e facer tuas de senderismo polos camiños e recunchos de Seixalbo e teros itinerarios, cos seus camiños ben sinalizados. 3) Os camiños que fosen dar a área recreativa fluviar debería ter un paseo acondicionado, de madeira elevado un chisco do chan para que sexa máis doado camiñar.
5. O BARBAÑA
O río Barbaña foi o lugar de lecer de xeracións enteiras, ademais de prover de peixes os veciños. Pretender o segundo hoxe en día é algo absurdo, pero ó primeiro obxectivo pensamos que non deberiamos renunciar baixo ningún concepto: calquera vila ou lugar que pretenda ser atractivo, sobre todo no verán debe contar cunha zona de recreo natural á beira dun río ou regato. Para comzar hai que acometer a limpeza das augas do Barbaña: é un elemento clave dentro deste proxecto. 1) Abordarase primeiro a revisión das súas ribeiras desde o seu nacemento, documentarse e cursaranse as denuncias precisas. A insistencia diante das instancias pertinentes e a vixianza continuada serán imprescindibles a hora de conseguir este difícil obxectivo. 2) Por outra banda, hai que limpala de "cascallos" lixo e maleza as súas ribeiras, de xeito tamén periódico. 3) En canto ós outros regatos que verten as súas augas ó Barbaña son indispensables para que o cauce manteña, dentro do posible unha regularidade, ademais constituúen en si mesmos un hábitat de fauna e flora que a lei protexe. Polo tanto, cómpre facer un estudo do seu curso para que estes libre de atrancos (tuberias, cascallos, etc) que lles impidan desaugar, xa que moitos pozos, lameiros ou humedais secan ou secaron a causa de pequenas obras que se consideraron inofensivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario