sábado, 12 de septiembre de 2009

11 DE SETEMBRO NOS MONTES OURENSANOS 2009












Arde Ourense mentras a Xunta denega información


Ourense, no 12 de setembro. O territorio distrital de Ourense é pasto das chamas. Miles de hectáreas de bosque e monte baixo están a arder diante da desesperación dos veciños e habitantes do medio rural. A Xunta de Galiza está a ocultar información sobre o número de focos activos e as hectáreas queimadas. Se a primeiros da tempada estival Adega, mediante a comunicación dos habitantes e afectados das aldeas rurais, detectaba importantes incendios dos que non se ofrecía información (incendio no Teixadal de Casaio, gravísimo incendio en Vilardevós que calcinou un cuarto do territorio do concello), na altura do final do verao contínuase coa política de censura informativa e ocultación das cifras reais de datos obxectivos e contrastables coa información manexada polos propios concellos damnificados




FALLAN OS SERVIZOS DE VIXILANCIA.
A actual Consellaría de Medio Rural desmantelou o dispositivo de vixilancia forestal implantado polo governo do ourensán Alfredo Suárez Canal e que tan bóns rendimentos deu, coñecido como Voluntariado en Defensa do Monte Galego. O Voluntariado estaba coordinado desde un Servizo Central e abranguía toda unha rede de vixilancia composta por comuneiros, veciños e agrupacións de voluntarios que daban cobertura a totalidade do territorio galego . En troques, a Xunta actuante implementou un servizo mixto de vixilancia com contratacións de monitores e voluntarios que están a demostrar a súa ineficacia desde o primeiro momento pola súa descoordinación e falta de interesse na labor que supostamente tiñan que cumprir. Alem diso, a falta de medidas de prevención é palpábel nesta vaga de incendios. Moitos dos lumes están a pór en perigo vivendas e propiedades que non teñen as franxas de protección limpas darredor e desbrozadas, pola ineptitude das administracións públicas responsábeis (concellos incumpridores da normativa exitente e administración autonómica consentidora).
Eis un exemplo dos lumes acontecidos no día 11 de setembro e as horas nas que se prendeu lume;
Coles 15.00 aprox
Nogueira de Ramuin -Luíntra 14.30
A Bola 15.00
Trasmiras 16.00
A Mezquita 16.15
Verin 18.30
O Barco 19.00
Ourense 19.00
Ribadavia 19.15
Celanova 18.30
Paderne de Allariz 18.30
San Cibrao das Viñas 17.30
Adega demanda a populación en xeral que denuncie calquera conato de lume no monte dando aviso aos distintos Servizos en Defensa da Natureza (SEPRONA, TLF. O85 ou 112)








A XUNTA DE FEIJO:Suprimirá o despregamento de voluntarios antiincendios

O Goberno galego fará este ano fincapé, máis que no voluntariado creado polo Executivo anterior para vixiar o monte, nas «patrullas disuasorias», que terán a mesma finalidade, pero responderán a criterios de maior profesionalización e cobrarán por desenvolver o seu traballo.
A iniciativa constitúe, sen dúbida, un dos retoques anunciados o pasado martes polo director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, respecto ao plan contraincendios do bipartito, que a nova Xunta asumiu na práctica totalidade, entre outras cousas, porque non tivo moito tempo para realizar cambios.
Medio Rural habilitará unha partida orzamentaria para este fin, ao obxecto de que as patrullas poidan estar dispoñibles coa posta en marcha do operativo, o primeiro de xullo. O Executivo saínte chegou a despregar no verán ata 7.000 voluntarios, o que o ex conselleiro Alfredo Suárez Canal denominou entón «todo un exército ambiental». A Xunta bipartita investiu 657.000 euros no programa de voluntariado en defensa do monte galego.








No hay comentarios:

Publicar un comentario