Adega reclama ao Concello de San Cibrao a súa colaboración na investigación
Data de publicación:
3/7/2009
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) reclamou onte a través dun escrito que «a fiscalía manteña informada á cidadanía expectante e necesitada de noticias sobre a investigación emprendida, sempre que llo permita a discrecionalidad e a seguridade da investigación». En relación aos empresarios do polígono da zona, Adega considera que «cada empresario é consciente das súas prácticas ambientais e do manexo dos residuos que impón o respecto á normativa xeral. A asociación do Polígono deber ter a conciencia tranquila como colectivo integrador do empresariado, mais neste caso á responsabilidade polos feitos acontecidos é individual e así responderá o autor diante dos tribunais», conclúen.
San Cibrao das Viñas
Adega solicita ao Concello de San Cibrao das Viñas a súa colaboración na investigación. Para a organización ecolóxica, «a institución municipal é o ente que posúe a maior información relacionada co manexo das verteduras que fai cada empresa instalada no Polígono, ademais de ser o responsable na concesión das licenzas de actividade industrial unha vez superados todos os informes favorables cos condicionantes que esixe a normativa para o manexo de residuos». Ademais, solicitaron «á máxima autoridade institucional» que poña á disposición da Xustiza a valiosa información de manexo de residuos e de autorización municipal de verteduras de cada empresa do polígono.

No hay comentarios:
Publicar un comentario