viernes, 3 de julio de 2009

QUE TEN QUE OCURRIR PARA QUE ACTUE A XUSTIZA






Adega pregunta ao Fiscal da Audiencia se existe unha Fiscalía especializada en Medio Ambiente.
Estabamos en plenas Festas Maiores da Cidade cando, outra volta máis, produciuse un atentado ecolóxico ao río Barbaña. Morte e destrución da vida piscícola por unha vertedura de contaminantes químicos nas augas da natureza. Indignación e estupor ante a reiteración dos feitos. Impotencia e desalento ante a pasividade das autoridade pública, todas sen distinción de cores.
Anteriormente levábanse producindo verteduras contaminantes sen maiores consecuencias xurídicas nin políticas. Nunca se ten actuado por parte das administracións coa contundencia sancionadora da que son merecentes estes feitos.
Un delito contra a natureza
Esta vertedura semella que a podemos cualificar coma “moi grave” e debe ter consecuencias penais, alén das obrigatorias multas administrativas. Por todo isto, Adega demanda xa a actuación investigadora da Fiscalía de Medio Ambiente que, oh sorpresa!, existe na Audiencia Provincial de Ourense e cuxa titular, Dª Camen Eiró, debería pórse á tarefa de dirixir e recabar toda a información da actuación das administracións, neste caso para, unha vez atopado/s o/os culpable/s, interpor unha denuncia penal, xa que existen suficientes elementos con clara intencionalidade dun delito contra o medio ambiente.
Dados os elementos químicos atopados nas analíticas das augas (amoníaco e anhidrido carbónico) será moi doado atopar aos culpables xa que se poden detectar as industrias existentes no Polígono industrial que manipulan ou fan uso deste produtos químicos, por iso Adega non vai admitir unha simple multa


No hay comentarios:

Publicar un comentario