viernes, 3 de julio de 2009

NECESIDADE DE ATOPAR AOS RESPONSABEIS DA VERTEDURA DO RIO BARBAÑA EN OURENSE



NECESIDADE DE ATOPAR AOS RESPONSABEIS DA VERTDURA DO RÍO BARBAÑAOurense, 2 de xullo de 2009Adega alenta á investigación da Fiscalía.Diante da apertura dun proceso investigatorio sobre a autoría do delito de vertedura ao río Barbaña, a asociación Adega, posuidora como o colectivo con moitos anos de experiencia sobre verteduras contaminantes aos ríos, quere alentar o traballo dos órganos xurisdiccionais e dos corpos auxiliares da policía xudiciaria para que se atope aos responsables do magno asasinato da natureza no río Barbaña.Solicitamos á Fiscalía manteña informada á cidadanía expectante e necesitada de noticias sobre a investigación emprendida, sempre que llo permita a discrecionalidade e a seguridade da investigación. O dereito á información é consustancial nunha sociedade democrática e a mellor ferramenta para a defensa da natureza. Vivimos nos momentos máis críticos para a credibilidade das institucións xudiciais, por iso este é unha boa oportunidade para poñer a transparencia e o eforzo que fai a Xustiza nas súas tarefas do lado da opinión pública, unánime no rexeitamento destas conductas delictivas reincidentes.En canto á valoración destes feitos que lle merecen á Asociación de Empresarios do Polígono solicitámoslle tranquilidade e colaboración. Cada empresario é sabedor das súas prácticas ambientais e do manexo dos residuos que impón o respecto á normativa xeral. A asociación do Polígono deber ter a conciencia tranquila como colectivo integrador do empresariado, mais neste caso á responsabilidade polos feitos acontecidos é individual e así responderá o autor diante dos tribunais. Ningunha asociación pode dar amparo nin actuar como barreira que “intimide” un proceso investigador dos órganos xudiciais. Todos (individuos, asociacións e empresas) temos o deber de colaborar coa xustiza e a Asociación de Empresarios tamén. Este delito non poder quedar impune polo respecto que lle merece á sociedade a actividade empresarial de cada un dos integrantes do colectivo do Polígono Industrial.
Imprescindible colaboración do Concello de San CibraoAdega solicita ao Concello de San Cibrao das Viñas a súa colaboración na investigación. A institución municipal é o ente que posúe a maior información relacionada co manexo das verteduras que fai cada empresa instalada no Polígono. O concello tamén é o competente para a concesión das licenzas de actividade industrial unha vez superados todos os informes favorabeis e realizados os condicionantes que esixe á normativa para o manexo de residuos. Solicitamos á máxima autoridade institucional, á Sra. Alcaldesa da San Cibrao, que poña a disposición da Xustiza a valiosa información de manexo de residuos e de autorización municipal de verteduras de cada empresa do Polígono Industrial. http://www.adega.info/

No hay comentarios:

Publicar un comentario