miércoles, 18 de enero de 2012

incineradora no irixo, por suposto NON!








A miña opinión sobre a implantación en O Irixo dun complexo para incinerar 1/3 das basuras xeradas en Galicia é totalmente negativa. Primeiro xa que estou en contra da incineración, método que vexo do século pasado, malo, pouco eficiente e moi contaminante e segundo xa que se trata dunha zona Irixo, principalmente, pero que afecta a Lalín, Dozón, o Carballiño e outros lugares que se van ver totalmente afectados e non vai a contribuir a beneficiar en nada o seu desenrolo, tanto agrario , como ganadeiro, de agroalimentación e por suposto o desenrolo turístico. En total vai ocupar 50 ha. Vai incinerar sobre 366.000 toneladas de basura o ano (actualmente Cerdeda ten unha capacidade de 700.000 e está ubicada en 66,5 ha.). O sistema actual soio recicla un 8%, incinera un 38% e almacena un 54% en vertedeiros da zona.

A alternativa que ten a xunta a incineración é o reciclaxe e tódalas técnicas que leva emparexadas e que realmente poden crear empleo é por suposto I+D+I do que tan falto está a nosa Galicia e o noso medio Ambiente. Alternativa que non pensa seguir. A Xunta actual o medio ambiente tenlle sin cuidado, fai o mínimo, por non ter, no hai nin Consellería de Medio Ambiente, hai que aforrar...dicen...Eu o que digo é que resulta máis barato non facer nada...

Os ríos da zona, xa medio defenestrados, van a verse afectados, si esta incineradora se leva a cabo. Pola zona temos o río Viñao, o Arenteiro e o Avia que quedarán, os poucos anos, terriblemente afectados. O mismo lle vai pasar os acuíferos...

A xente debe saber que unha incineradora trae consigo unha contaminación incrible en canto o aire, as augas tanto dos ríos como das fontes e a terra xa que unha parte importante, os resíduos e as cinzas quedarán na zona. A incineradora crea uns residuos en forma de cinzas (con cantidade de metales e velenos...), sumamente peligrosas, que almacena na zona. Únicamente se recicla un 8% e o 54% queda na zona en vertedeiros. Pola contra pola súa chiminea escupe fumes contaminantes que defenestran a zona en moitos kms. o redor. O da producción de enerxía é unha coña que nos contan...Os 250 postos de traballo non xustifican a desfeita da zona...supoñendo que realmente sexa certo o dos postos, eu non me fiaría... Habería que cuantificar o que se perderá na zona, que será moito. De levarse a cabo a incineradora, en moitos kms. a redonda haberá unha perda incrible nas propiedades e na posta en valor agraria, ganadeira, agroalimenticia e por suposto no turismo, con perdas incalculables...

Todo eso hai que cuantificalo, explicitalo e contarllo a xente. Non hai que enganar como se fai nestos casos. Diñeiro para hoxe, pouco, e fame, moita fame para mañán...

O tema, aparte de que o sistema soio recicla o 8%, está nas escorias que son altamente peligrosas e que quedan almacenadas na zona? , eu non me fio nada da actual Consellería de Infraestructuras-Medio Ambiente e non sei que máis, de como actuarán os fumes que plancharán a zona e dependendo dos ventos poden chegar moi lonxe.

O meu Non, creo que está clarísimo, a Xunta non debera incinerar. Xa é un procedemento do século pasado. Hoxe a natureza demanda outra especialización...

No hay comentarios:

Publicar un comentario