sábado, 10 de diciembre de 2011

INCINERADORA NO IRIXO DE LIXO: NON!!!









La incineradora de Irixo acumulará 145.000 toneladas al año de residuos en un vertedero
La planta generará, en sus 25 años de vida útil,135.000 toneladas de inertes, 260.000 de escorias y 1.075.000 de cenizas volantes, las consideradas "más conflictivas"

SOGAMA II: a Xunta, facendo política-ficción coa xestión do lixo PDF Imprimir Correo-e
Envia SOGAMA II: a Xunta, facendo política-ficción coa xestión do lixo a FaceBookEnvia SOGAMA II: a Xunta, facendo política-ficción coa xestión do lixo a Twitter
5 de decembro de 2011. O recente anuncio de que a incineradora da SOGAMA do sur irá no concello d'O Irixo da man de Estela Eólica, non por agardado deixa de sorprender. Sorprende que a Xunta siga apostando pola incineración e o vertido, contrariamente ao recomendado nas directivas europeas e nas leis de residuos estatal e galega. Sorprende que a unha empresa eólica se lle adxudique "a dedo" un servizo público sen mediar concurso. Sorprende que un recurso de todos/as, os residuos urbanos, vaian ser privatizados para lucro dunha empresa. Sorprende... ou non? O que está claro é que despois de meses de indefinición, escurantismo e cálculos eleitoralistas, a Xunta insiste en continuar coa farsa da incineradora do sur: no actual contexto económico e cun horizonte de forte redución das primas eólicas, que empresa vai adiantar 230 millóns de € para que en 2014 funcione a incineradora d'O Irixo sen ter seguros os ingresos dos muíños?

O Plano de Xestión dos Residuos Urbanos de Galiza (PXRUG) 2010-2020 aprobado pola Xunta do PP aposta pola incineración á que adica o 60% do investimento en infraestruturas e o 48% do orzamento total. Porén, segundo datos do propio PXRUG, de todo o lixo que chega a SOGAMA (900.000 Tm anuais) e logo de descontar a perda de auga no proceso de secado (para o que se queiman medio millón de megawatios de gas natural ao ano), preto do 72% vai directamente a vertedoiro. Precisamente hai un par de meses a Xunta aprobou un investimento de 10,3 millóns de € para alongar o vertedoiro de SOGAMA para seguir recibindo lixo cando menos até 2013 (ano eleitoral).
Este é o modelo que Feijóo e Hernández pretenden reproducir agora no concello d'O Irixo coa segunda incineradora. Un modelo caduco, ruinoso para os concellos e insolidario coa cidadanía que se esforza en separar para que a Xunta remate botando case todo ao vertedoiro. SOGAMA, un sistema supostamente creado para evitar a contaminación dos residuos urbanos resulta que é unha das empresas que máis contaminan en Galiza. Ela soa é a responsábel de afundir os índices de reciclaxe galegos a níveis terceiro-mundistas malia aos bos resultados en separación e compostaxe de Nostián e sobre todo Lousame.

Tendo en conta que a incineradora de SOGAMA segue a consumir máis enerxía da que produce (xerou 459.867 Mw e consumiu 507.914 Mw en 2008) onde está pois o negocio? Pois nas cuotas cada vez máis caras que se cobran aos concellos polo transporte e "tratamento" (aínda que máis da metade do recollido vaia directamente a vertedoiro); nas consultorías e contratos de servizos paralelos coas empresas vencelladas a GN-Fenosa que ademáis cobra polo gas queimado para secar o lixo e pola electricidade que xenera a planta...
Para Estela Eólica o ruinoso "negocio" de montar unha incineradora complementariase co ingresado polos parques eólicos adxudicados (186 Mw). Mais esta previsión está en risco: as primas á electricidade eólica están á baixa, mesmo perigan para os parques con máis de 1500 h de vento ao ano, isto é, todos os galegos. Nesta tesitura, que bancos van conceder os cretos necesarios (1 millón de € por Mw) para unhas instalacións cuxa rendibilidade vai ser pasado mañán moito menor do que é hoxe? Se hoxe un parque eólico galego de 30Mw ingresa anualmente uns 1,5 millóns de € en primas, a partir de xaneiro de 2013 só serían 375.000 € cun tope de 12 anos e non os 20 actuais. De onde van saír pois os 230 millóns de € que Estela Eólica ten que poñer xa enriba da mesa para que en 2014 estea rematada a SOGAMA II, ... do IGAPE?

'Contaminación en un radio de 20 kilómetros'
Sin embargo esta apreciación no es compartida por la Asociación de Mujeres Rurales Dadín, integrada en la plataforma. Su secretaria, Puri Fernández, manifestó a EL MUNDO.es que "decir que la gente que está en contra es funcionaria o de rentas altas es una tontería". Fernández dice que "hay muchos del PP que están callados y que se echarían las manos a la cabeza si supieran los efectos de la futura planta que a va a destrozar el pueblo".
La secretaria de las Mujeres Rurales parece tener claras las consecuencias de la futura instalación y habla "de la imposibilidad de cultivar la huerta, consumir hortalizas, contaminación en un radio de 30 kilómetros, incineración del 80% de la basura y reciclaje del 20%".
Como ella, muchos otros vecinos esperan la respuesta y el compromiso del alcalde de O Carballiño, el popular Marnotes, o el de Beariz, Manolo Prado, que de momento no quieren manifestarse hasta tener más datos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario